Portelo Dixital Concello de Marin
   

Rexistro Telemático

O rexistro electrónico ou telemático é a canle electrónica do Rexistro Xeral do Concello e permite a presentación electrónica dunha instancia de carácter xeral de forma telemática, é dicir, dende a sua casa sen ser preciso persoarse nas dependencias de atención ó cidadán do Concello. O seu uso é alternativo á presentación física no Rexistro Xeral do Concello.

Este servizo está operativo as 24 horas do día, durante todo-los días do ano, exceptuando as interrupcións que sexan precisas por razóns técnicas.

Requisitos técnicos.

Precisará dun certificado dixital que o identifique. No apartado Coñeza a Sede > Sistemas de Autenticación e Firma Aceptados  detállanse cales son os certificados dixitais válidos para a realización de trámites on-line con esta administración e cómo debe solicitalos. Este certificado dixital serviralle entre outras cousas, para realiza-la solicitude telemática dende esta páxina, así como todos os trámites on-line dispoñibles dende o apartado de trámites ou dende o cartafol cidadán desta sede.

O certificado debe ser válido, é dicir, non debe estar caducado nin revocado pola autoridade de certificación que o emitiu. Se non o ten instalado en modo software no seu navegador, precisará dun lector de tarxetas criptográficas.

Os certificados dixitais garantizan a legalidade das transaccións feitas por Internet e permiten firmar os documentos electrónicamente, para darlles validez xurídica.

Pasos para presentar unha solicitude no rexistro electrónico

  1. Escolla o trámite.
  2. Cumplimente o formulario e, se é preciso, achegue documentación en formato ficheiro PDF
  3. Firme electrónicamente o formulario
  4. O rexistro devolveralle o formulario en formato PDF co número de anotación,  fecha e hora, e un código de verificación que lle permitirá a sua comprobación e recuperación.
    Garde o formulario co sello do rexistro e imprimao, xa que lle servirá de xustificante da operación

Debe ter en conta que a non recepción do formulario co sello do rexistro ou, no seu caso, a recepción dunha mensaxe de indicación de erro ou deficiencia na transmisión implicará que non se produciu a recepción, sendo preciso realizar a presentación noutro momento ou utilizando outros medios.

Consulta de entradas no Rexistro Electrónico:

O servizo de Meus Expedientes permitiralle consultar as entradas que fixo no Rexistro do Concello mediante as súas canles (presencial ou electrónico)

Acceder ó servizo de Consulta do Rexistro

Tamén se pode acceder ós xustificantes de rexistro electrónico e comprobar a súa autenticidade mediante o Código de Verificación Electrónica que aparece nos documentos, utilizando o servizo de Validación de Documentos.

Calendario e cómputo de plazos

A efectos do cómputo de plazos, salvo polo regulado en procedementos especiais, a presentación nun día inhábil entenderase realizada ás cero horas e un segundo do primeiro  día hábil seguinte. En ningún caso a presentación electrónica de documentos implicará a modificación dos plazos establecidos legalmente.

Consideranse días inhábiles, a efectos do rexistro electrónico do Concello, os establecidos como días festivos no calendario oficial de festas laborais da Comunidade Autónoma e de festas locais deste municipio. Este calendario está publicado na sede electrónica.

Outras canles alternativas ó rexistro electrónico

A presentación por medios electrónicos ten carácter voluntario, sendo, por tanto, alternativa á utilización dos lugares de presentación sinalados no artigo 38.4 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, coas excepcións contempladas no artigo 27 da Lei 11/2007, de 22 de xuño.