Portelo Dixital Concello de Marin
   

Pago de Recibos On-Line

PAGO DE RECIBOS ON-LINE

Se vostede é cliente das entidades financeiras Abanca ou La Caixa poderá realizar o pagamento dos recibos emitidos polo Concello de Marín que se atopen en período voluntario de pagamento dende esta páxina utilizando a banca electrónica ou as tarxetas das entidades indicadas.

Acceda dende aquí ao
servizo de pagamento de
recibos con tarxeta de Abanca
Acceda dende aquí ao
servizo de pagamento de
recibos con tarxeta de La Caixa.

Preguntas frecuentes

1.- Que tipo de recibos podo pagar?

Este servizo permite pagar os recibos (modalidade 1) que se emitan en concepto de:
– Imposto sobre bens inmobles de natureza urbana.
– Imposto sobre bens inmobles de natureza rústica.
– Imposto sobre bens inmobles de características especiais.
– Imposto sobre actividades económicas.
– Imposto sobre vehículos de tracción mecánica.
– Taxas por subministración de auga potable, servizo de rede de sumidoiros e recollida de lixo.
– Taxa por servizo de mercados.
– Taxas por ocupación de vía pública con vencemento periódico.

2.- Período de pagamento.
Este servizo admite o pagamento dos recibos que se atopen en período voluntario de pagamento.

3.- Que información preciso para realizar o pagamento.?
Para realizar os pagamentos por este procedemento debe introducir os datos dos campos emisora, referencia, identificación e importe, que aparecen no documento de pagamento emitido polo Concello.
A plataforma de pagamento pediralle toda a información necesaria e indicarlle o lugar onde pode obtela.
Para calquera dúbida, pode chamar o Concello de Marín, departamento de recadación, de luns a venres en horario de atención ao público.