Podes realizar trámites administrativos a través de Internet, de forma sinxela e evitando desprazamentos innecesarios, para iso só necesitas identificarche correctamente por medio dun certificado dixital expedido pola Fábrica Nacional de Moeda e Timbre e, en ocasións, tamén podes a través do DNI electrónico.
O primeiro paso para facer trámites en Internet, de maneira segura, consiste en identificarse da forma adecuada a través do certificado dixital ou o DNI electrónico. Outra medida de precaución básica consiste en navegar utlizando programas que protexan o teu equipo fronte a virus e outros perigos. Consulta medidas de protección para navegar de forma segura por Internet. Para garantir que os datos sensibles que se intercambian en Internet non sexan accesibles, o Concello utiliza o protocolo SSL. Trátase dun protocolo de encriptación que cifra a información, protexéndoa e impedindo que poda ser interceptada. A conxunción do certificado dixital e o protocolo SSL garante a confidencialidade, integridade e autenticidade dos datos que se envían por Internet.
A configuración por defecto da maioría dos navegadores acepta conexións baseadas en protocolos SSL. As conexións deste tipo son aquelas cuxa dirección comeza co código https:// en lugar do http:// convencional. A presenza de SSL é unha garantía de seguridade cando se intercambian datos sensibles (información persoal, números de tarxetas de crédito, etc.).
Debe ter instalado e actualizado o programa Java, e no apartado de excepcións de Java engadila dirección da sede electrónica (https://sede.concellodemarin.es).
Se utiliza o navegador Chrome necesitará ter instalado o software de autofirma, se non o ten pode descargalo dende aquí.