Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Leer más

Portelo Dixital Concello de Marin
   

Preguntas máis frecuentes

¿Que vantaxes se obteñen coa administración electrónica?

¿Como facer trámites por Internet?

Podes realizar trámites administrativos a través de Internet, de forma sinxela e evitando desprazamentos  innecesarios, para iso só necesitas identificarche correctamente por medio dun certificado dixital expedido pola Fábrica Nacional de Moeda e Timbre e,  en ocasións, tamén podes a través do DNI electrónico.

¿Como obter e utilizar o DNI electrónico?

¿É seguro tramitar por Internet?

O primeiro paso para facer trámites en Internet, de maneira segura, consiste en identificarse da forma adecuada a través do certificado dixital ou o DNI electrónico. Outra medida de precaución básica consiste en navegar utlizando programas que protexan o teu equipo fronte a virus e outros perigos. Consulta medidas de protección para navegar de forma segura por Internet. Para garantir que os datos sensibles que se intercambian en Internet non sexan accesibles, o Concello utiliza o protocolo SSL. Trátase dun protocolo de encriptación que cifra a información, protexéndoa e impedindo que poda ser interceptada. A conxunción do certificado dixital e o protocolo SSL garante a confidencialidade, integridade e autenticidade dos datos que se envían por Internet.

¿Necesito configura-lo meu navegador  para que acepte o protocolo SSL?

A configuración por defecto da maioría dos navegadores acepta conexións baseadas en protocolos SSL.  As conexións deste tipo son aquelas cuxa dirección comeza co código https:// en lugar do http:// convencional. A presenza de SSL é unha garantía de seguridade cando se intercambian datos sensibles (información persoal, números de tarxetas de crédito, etc.).

Debe ter instalado e actualizado o programa Java, e no apartado de excepcións de Java engadila dirección da sede electrónica (https://sede.concellodemarin.es).

Se utiliza o navegador Chrome necesitará ter instalado o software de autofirma, se non o ten pode descargalo dende aquí.

Máis Información