O Pleno deste Concello, na sesión ordinaria que tivo lugar o día 10 de outubro do 2019, aprobou inicialmente o Plan municipal de prevención e defensa contra os incendios forestais do Concello de Marín, confeccionado pola empresa SEAGA (Empresa pública de Servicios Agrarios, SA), ao abeiro do convenio ao que este concello está adherido, subscrito pola colaboración entre a Xunta de Galicia, FEGAMP e SEAGA, en materia de prevención e defensa contra incendios forestais, para o establecemento dun sistema público de xestión da biomasa nas faixas secundarias.