De conformidade co previsto no artigo 133 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, co obxectivo de mellorar a participación da cidadanía no procedemento de elaboración de disposicións normativas, con carácter previo á elaboración de proxectos de ordenanzas ou regulamentos, se substanciará unha consulta pública, a través deste apartado do Portal, con obxecto de solicitar a opinión dos suxeitos e das organizacións máis representativas potencialmente afectados pola futura norma, acerca de:
a) Os problemas que se pretenden solucionar coa iniciativa.
b) A necesidade e oportunidade da súa aprobación.
c) Os obxectivos da norma.
d) As posibles solucións alternativas regulatorias e non regulatorias.
A cidadanía, organizacións e asociacións que así o consideren poderán remitir as súas opinións e achegas a través da sede electrónica do Concello de Marín