Portelo Dixital Concello de Marin
   

O Concello na casa, sen esperas, sen colas, sen horarios.

O Portelo Dixital é unha extensión virtual das oficinas do Concello e integra todos os servizos electrónicos aos que se pode acceder, sen limitacións horarias e con total seguridade.

Na sede accédese a tres tipos de servizo: servizos de información, servizos de carácter público e servizos de carácter privado.

  1. Os servizos de información engloban información municipal, dos seus servizos, e axudas de navegación e procura de contidos.
  2. Os servizos de carácter público son aqueles en os que non é necesario utilizar un certificado dixital nin para identificar á persoa nin para asinar o trámite. Exemplos de servizos deste tipo son: a descarga de instancias, a solicitude de volantes sen firma electrónica;, o pago de recibos ou a consulta de convocatorias de emprego público.
  3. Os servizos de carácter privado son aqueles que requiren certificado dixital ben para identificarse ou ben para asinar electronicamente. Exemplos destes servizos son: o acceso a expedientes persoais , a consulta de notificacións electrónicas, o acceso ao rexistro electrónico para enviar instancias asinadas electronicamente ou o acceso ao Portal do Provedor, no que se poden presentar facturas electrónicas.

 

Horario

Todos os días do ano, durante as 24 horas do día. Con todo, as instancias presentadas en día inhábil entenderanse efectuadas na primeira hora do primeiro día hábil seguinte.

O Concello está a traballar para que o máis axiña posible este Portelo Dixital estea plenamente operativa e cunha ampla oferta de servizos.