A Administración Xeral do Estado e a Xunta de Galicia fixan anualmente, segundo establece a lei, o calendario de días inhábiles a efectos de cómputos de prazos. Este calendario publícase antes do comezo de cada ano no «Diario Oficial da Xunta de Galicia» e noutros medios de difusión que garanten o seu coñecemento polos cidadáns.
A presentación de solicitudes, escritos e comunicacións poderá realizarse no Rexistro Electrónico durante as vintecatro horas de tódolos días do ano. Aos efectos do cómputo de prazo fixado en días hábiles ou naturais, e no que se refiere a cumprimento de prazos polos interesados, a presentación nun día inhábil entenderase realizada na primeira hora do primeiro día hábil seguinte, salvo que unha norma permita expresamente a recepción en día inhábil.
O Real Decreto 463/2020, do 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, trae como consecuencia a suspensión e interrupción dos prazos para a tramitación dos procedementos das entidades do Sector Público, e, por conseguinte, no Concello de Marín.
A suspensión dos prazos para realizar trámites de procedementos administrativos prorrogarase ata a data en que perda vixencia o estado de alarma.