A data e hora oficial da Sede electrónica é un dos requerimentos básicos para o rexistro electrónico de documentos, escritos e comunicacións que requiren o cómputo de prazos tanto aos cidadáns como para o Concello.
Para calquera xestión, a data e hora da sede é a que terá validez legal e non a do equipo dende o cal realízase o trámite. O servizo que proporciona a data e hora oficial é ofrecido polo Real Observatorio da Armada e a Sede Electrónica está sincronizada con él.
O artigo 31.2 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, de Procedemento Adminsitrativo Común da Administracións Publicas sinala: "os rexistros electrónicos de cada Administración u Organismo rexiranse a efectos de cómputo dos prazos, pola data e hora oficial da sede electrónica de acceso, que deberá contar coas medidas de seguridade necesarias para garantila súa integridade e figurar de modo accesible e visible".
O artigo 15.2 do Real Decreto 4/2010, de 8 de xaneiro, polo que se regula o Esquema Nacional de Interoperabilidade no ámbito da Administración electrónica sinala que a sincronización da data e a hora realizarase co Real Instituto e Observatorio da Armada, de conformidade co previsto sobre a hora legal no Real Decreto 1308/1992, de 23 de outubro.