Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Leer más

Portelo Dixital Concello de Marin
   

Coñeza a Sede

A sede electrónica é a dirección electrónica do Concello a través da cal a cidadanía e as empresas poden exercer o seu dereito de acceso á información, aos servizos e aos trámites electrónicos do noso Concello.

sede electrónica é un espazo de relación co cidadán.

A Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, no artígo 13, recoñece o dereito dos cidadáns a comunicarse coas Administracións Públicas a través dun Punto de Acceso Xeral electrónico da Administración.

sede electrónica é aquela dirección electrónica dispoñible para os cidadáns a través de redes de telecomunicacións cuxa titularidade, xestión e administración corresponde a unha Administración Pública, órgano ou entidade administrativa no exercicio das súas competencias.

As sedes electrónicas dispoñerán de sistemas que permitan o establecemento de comunicacións seguras sempre que sexan necesarias.

O establecemento dunha sede electrónica leva a responsabilidade do titular respecto da integridade, veracidade e actualización da información e os servizos aos que poida accederse a través da mesma. Deberá garantir a identificación dos medios dispoñibles para a formulación de suxestións e queixas.

Cada Administración Pública determinará as condicións e instrumentos de creación das sedes electrónicas, con suxeición aos principios de publicidade oficial, responsabilidade, calidade, seguridade, dispoñibilidade, accesibilidade, neutralidade e interoperabilidade.

A publicación nas sedes electrónicas de informacións, servizos e transaccións respectará os principios de accesibilidade e usabilidade de acordo coas normas establecidas respecto diso, estándares abertos e, no seu caso, aqueloutros que sexan de uso xeneralizado polos cidadáns.

A sede electrónica entrará en funcionamento de maneira progresiva.

Para aclarar calquera dúbida sobre a sede electrónica do Concello rogámoslle póñase en contacto connosco a través das apartado incidencias do sistema.