Amosando 614 resultados

Descrición arquivística
Previsualización da impresión Ver:

223 resultados con obxectos dixitais Mostrar resultados con obxectos dixitais

Expedientes de persoal contratado

Testemuños da relación laboral dos distintos traballadores que non detenten a condición de funcionarios e está suxeitos a lexislación laboral. Estes plásmanse en contratos de diversas modalidades e con diversas temporalidade, así como nas múltiples incidencias derivadas desta relación laboral.

Expedientes de persoal docente

Expedientes de persoal docente tramitados para moi diversos asuntos en relación aos mestres dos centros educativos como as tomas de posesión e cesamento, traslados, provisións de casa habitación, concesión de licenzas e permisos, etc.

Expedientes de persoal municipal

Reflicte as incidencias da vida laboral do funcionario durante o tempo de prestación dos seus servizos ao concello. En teoría debería ou podería conter os datos relativos a súa situación persoal e familiar, formación e experiencia profesional, premios, felicitacións e sancións; adscrición a determinado posto de traballo, excedencias, xubilacións e antigüidade; permisos, licenzas retribuídas, sentenzas, réxime asistencial, cotizacións á seguridade social, á MUNPAL e calquera incidencia ocorrida no decurso do desenvolvemento da súa relación laboral coa administración.

Expedientes de persoal sanitario

Documentación relacionada co persoal sanitario (médicos, veterinarios, farmacéuticos, parteiras...) que presta os seus servizos no termo municipal. Normalmente son comunicacións da administración central ou autonómica relacionadas cos seus nomeamentos, cesamentos ou asuntos relevantes, así como aquela documentación que deriva da súa vida laboral: vacantes, vacacións, permisos etc.

Expedientes de protocolo

Agrupación de series que plasman o conxunto de actuacións que se seguen para conceder as diferentes distincións honoríficas (Fillo Predilecto, Adoptivo, Membro Honorario da Corporación…) atendendo aos méritos, calidades e circunstancias singulares que concorren no interesado. Xunto a elo poden atoparse os propios regulamentos para esta concesión e tódolo relacionado coa actividade protocolaria da institución, entre eles os expedientes de irmanamento, os expedientes de actos públicos, libros de sinaturas, os expedientes de denominación de rúas, fotografías de actos públicos, notas de prensa...
En moitas ocasións recollen fotografías, recortes de prensa, publicacións ou información diversa sobre os actos públicos.

Expedientes de publicacións

Documentación relacionada coa edición de monografías, publicacións periódicas ou folletos por parte do concello, así como da subvencións das mesmas e da súa difusión.

Expedientes de racionamentos

Inclúe os rexistros de cartillas de racionamento, as propias cartillas e os censos de racionamento.
Orde ministerial 14 maio 1939 estableceu un réxime de racionamento no pais para os produtos básicos de alimentación e de primeira necesidade. Vixente ata maio 1952.

Expedientes de recrutamento

Agrupación de series que recolle tódolos trámites relacionados coas quintas e veñen xerados a partir das funcións atribuídas ós concellos, en canto administración participante no proceso de recrutamento de quintos.

Son expedientes anuais tamén denominados expedientes de alistamento, provindo ese carácter xeral en que aglutina diversas operacións relacionadas coas quintas como alistamento, clasificación e revisión e distribución do continxente previas ó servizo militar obrigatorio.

Conteñen os expedientes persoais dos quintos, como expedientes individuais tramitados a cada un dos mozos encadrados dentro do reemprazo anual, no referente ó seu alistamento; os expedientes de revisión de quintos, instruídos para o control das altas e baixas do persoal reservista, é dicir, de aqueles quintos que unha vez rematadas as súas obrigas activas no servizo militar, pasan ó licenciarse a situación de reserva podendo ser recrutados de novo, ata unha certa idade, se as especiais e excepcionais situacións da defensa do Estado así o precisasen.

Os padróns de alistamento, nos cales se rexistran un por un, todos e cada un dos quintos que se alistan para a súa posterior recruta, cos seus datos identificativos básicos. Son formar parte do expediente xeral de quintas, no cal caso non se debe separar.

Expedientes de reversións

Expediente de restitución de algo ao estado que tiña revertendo ao propietario anterior ou a outra situación xurídica anterior no caso de non cumprirse as condicións para as que fora concibido.

Expedientes de sanidade

Agrupación de series con documentos e expedientes xerados polo concello en función da actividade exercida para o control sanitario dos seus habitantes. Entre eles podemos atopar os expedientes de campañas de vacinación, instruídos para levar a cabo tales campañas sanitarias; os expedientes de control sanitario, expedientes de epidemias relacionados co estudo, detección e tratamento de andazos; memorias do estado sanitario do municipio, expedientes de reclamacións por infraccións sanitarias, expedientes de declaración de insalubridade e clausura provisional de establecementos e edificios de servizo público, partes médicos, controis de augas e fontes elaborados polo persoal médico propio do municipio (médicos, farmacéuticos, parteiras) como constancia do exercicio da súa actividade; rexistros de vacinacións e rexistros de epidemias, normalmente existentes en forma de libro, que asentan tales asuntos entre outros moitos que se desenvolven por parte dos concellos na función de control da saúde dos seus habitantes. Tamén a documentación referida á xestión e mantemento dos centros sanitarios por parte dos concellos

Por último os expedientes de sanitarios locais, creados a partir do Regulamento de persoal dos servizos sanitarios locais de 1953, entendendo como tal os servizos médicos (médicos, practicantes, parteiras, farmacéuticos) e veterinarios. Atopamos documentación relacionada co súa presentación e nomeamento ou coa saída ou cesamento de sanitarios locais, ou cos períodos vacacionais, infraccións, expedientes disciplinarios, queixas etc.

Resultados 81 a 90 de 614