Amosando 614 resultados

Descrición arquivística
Previsualización da impresión Ver:

223 resultados con obxectos dixitais Mostrar resultados con obxectos dixitais

Expedientes de eleccións

Expediente correspondente ao diferentes procesos electorais: para as Cortes Xerais, Comunidade Autónoma, corporacións municipais, Parlamento Europeo, Referéndum …, de acordo coas convocatorias que se fagan pola autoridade competente.

A documentación que se pode atopar xorde da relación coa Xunta Electoral e está relacionada ca constitución das xuntas locais, a fixación das seccións e mesas, a confección de listas, a designación dos membros das mesas electorais, as exposicións dos censos, a colocación da infraestrutura electoral necesaria, os testemuños do proceso electoral e dos resultados e a proclamación dos electos, no seu caso.

Expedientes de Entidades Locais Menores

Contén documentos das entidades locais menores son anexos, parroquias, lugares, aldeas, caseríos e poboados, que dentro dun municipio e constituíndo núcleo separado de edificación, forma un conxunto de persoas e bens, con dereitos ou intereses peculiares e colectivos, diferenciados dos xerais do concello.

Expedientes de expropiacións

Expediente de privación a unha persoa da titularidade dun ben ou dun dereito, dándolle a cambio unha indemnización. Efectúase por motivos de utilidade pública o interese social previstos nas leis. Moitas veces a documentación custodiada forma parte dun expediente iniciado por outra administración para unha obra que afecta a máis concellos.
Inclúe documentos sobre a obra a realizar e sobre a xustificación da expropiación e sobre a identificación dos bens afectados e os seus propietarios.

Expedientes de feiras e mercados

O mercado municipal, en tanto que serie que exerce unha función complementaria da agrupación documental anterior, é considerada unha parcela importante de xestión do concello para garantir o abastecemento da poboación (lugar de compravenda de produtos), sendo tanto máis transcendente canto máis nos remontemos a épocas pasadas.

No seu desenvolvemento contamos con expedientes e rexistros referidos á praza de abastos, ó mercado de gando así como ó propiamente denominado mercado ou alfóndega municipal, así como as feiras ou a venda ambulante.

Expedientes de festas populares

Os expedientes de festexos tramítanse en relación á celebración de calquera tipo de festa, verbena, espectáculo ó aire libre ou similar no termo municipal, no cal o concello teña presenza dun ou doutro xeito, ben a través de concesión de licenza ou ben a través de apoio institucional, excluíndo salas de festas e espectáculos privados considerados actividades molestas, insalubres, nocivas e perigosas que irían no seu correspondente apartado (3.01.)
A serie específica máis recorrente quizais sexan son os expedientes tramitados polos concellos para a concesión de licenza para a celebración de festexos ou autorización dos mesmos. Na maior parte dos casos son instruídos despois da solicitude do presidente das comisións para a celebración das festas patronais das parroquias, debendo ser ordenados cronoloxicamente por anos de concesión

Expedientes de obxección de conciencia

Son instruídos como consecuencia da instauración da prestación social substitutoria xorde como alternativa ao servizo militar, é dicir, os mozos, desde o ano 1984, poden optar por realizar o servizo militar ou unha prestación social substitutoria nunha entidade pública, asociación, etc.

Esta serie non existe necesariamente en todos os concellos xa que para acollerse a esta medida é necesario asinar un Convenio co Ministerio de Xustiza, na primeira etapa e coa Comunidade Autónoma despois.

O 31 de decembro do 2001, é a data en que finaliza a obrigación de realizar tanto o servizo militar como a prestación social substitutoria.

Expedientes de oposicións e concursos

Expediente tramitado para a provisión de prazas de persoal mediante probas de selección nas súas modalidades de oposición, libre ou restrinxida, concurso-oposición ou simplemente concurso. Recollen habitualmente todo o proceso que vai dende a convocatoria, solicitudes, proceso de selección a proposta de nomeamento do persoal seleccionado.

Expedientes de pensións

Expedientes relacionados coa tramitación das pensións de xubilación do persoal municipal e dos seus familiares beneficarios, no caso das pensións de viudedade, orfandade etc.

Expedientes de permutas

Expediente que se tramita para cambiar un ben por outro transferíndose o dominio dos mesmos, de forma gratuíta, a non ser que sexa necesario para igualar o valor do permutado. Normalmente inclúen documentos sobre a titularidade dos respectivos bens e das súas valoracións e o documento da modificación oportuna no Rexistro da Propiedade.

Resultados 71 a 80 de 614