Amosando 614 resultados

Descrición arquivística
Previsualización da impresión Ver:

223 resultados con obxectos dixitais Mostrar resultados con obxectos dixitais

Expedientes do Alcalde-Delegado Gobernativo

Agrupación de series que recollen a documentación relacionada coa figura do alcalde en calidade de representante da administración central no seu territorio: sancións gobernativas, apercibimentos, achados de bens, permisos de armas, cédulas persoais, lotarías, comparecencias...

Destacan os relacionados cos gardas xurados ou vixiantes: expediente polo que o Alcalde como delegado gobernativo nomea a unha persoa encargada da custodia dos bens particulares mediante proposta do propietario dos mesmos.

Expedientes disciplinarios

Expediente que se tramita para sancionar a falta cometida por un traballador coa finalidade de resolver e sancionar no seu caso as posibles deficiencias nas actuacións e feitos cometidos. Contén documentos referidos ao seu inicio, notificacións, testemuñas e probas, alegacións e resolución emitida polo órgano establecido.

Expedientes de xuntas veciñais

Documentación derivada do funcionamento de comunidades veciñais, xuntas de veciños, agrupacións diversas e asociacións existentes no concellos.

Expedientes de transportes e telecomunicacións

No ámbito das telecomunicacións, os concellos tiveron competencias en materia de teléfonos, correos e telégrafos, posto que lles correspondía o exercicio de determinados procedementos da xestión e supervisión da oficina municipal encargada de tales servizos, debendo manterse toda a documentación referida a estes aspectos encadrada nesta serie.

Expedientes de sesións do Pleno

Expediente que ten por obxecto a convocatoria e celebración da sesión do Pleno. Poden ser ordinarias e extraordinarias. Contén convocatorias, orde do día, borradores, etc.

Expedientes de sesións do Centro de Desenvolvemento Local

Expediente que ten por obxecto a convocatoria e celebración da sesión do Centro de Desenvolvemento Local. Son centros para a dinamización social da zona, claves en materia de emprego e formación. Planifican e xestionan aqueles recursos que favorezan o desenvolvemento do municipio, logrando así uns maiores niveis de crecemento e de benestar dos seus veciños.

Expedientes de sesións de Comisións Informativas

Recollen os documentos de cada sesión. As Comisións Informativas están integradas exclusivamente por membros da Corporación e son órganos sen atribucións resolutorias que teñen por función o estudo, informe ou consulta dos asuntos que teñan que ser sometidos á decisión do Pleno ou da Comisión de Goberno, cando esta actúe con competencias delegadas polo Pleno, salvo que sexa preciso adoptar acordos declarados urxentes. Igualmente, informarán aqueles asuntos da competencia propia da Comisión de Goberno e do Alcalde, que lle sexan sometidos ao seu coñecemento por expresa decisión daqueles. Poden ser estas sesións permanentes ou especiais.

Resultados 511 a 520 de 614