Esta 2ª división de sección, OMIC, contén unha única serie documental:
3.3.4.1.- Documentación da OMIC A Oficina Municipal de Información ó Consumidor é un departamento municipal de recente creación existente nalgúns concellos -posiblemente pola Lei Xeral de Defensa de Consumidores e Usuarios de 1984-, encamiñado a orientar e aconsellar ós habitantes en materia de consumo para defender os seus dereitos e intereses tanto económicos como sanitarios na materia, incluso por vía legal se fora preciso.
Documentos relacionados coas retribucións diversas recibidas polos traballadores, especialmente as nóminas, complementos diversos, pagas extras, gratificacións, horas extraordinarias e outros.