<?xml version="1.0" encoding="utf-8" ?>

<oai_dc:dc
    xmlns:oai_dc="http://www.openarchives.org/OAI/2.0/oai_dc/"
    xmlns:dc="http://purl.org/dc/elements/1.1/"
    xmlns:xsi="http://www.w3.org/2001/XMLSchema-instance"
    xsi:schemaLocation="http://www.openarchives.org/OAI/2.0/oai_dc/
    http://www.openarchives.org/OAI/2.0/oai_dc.xsd">

      <dc:title>EDUCACIÓN</dc:title>
  
      <dc:creator>Concello de Marín</dc:creator>
  
      <dc:subject>Educación</dc:subject>
      <dc:subject>Concello de Marín</dc:subject>
  
      <dc:description>Esta 1ª División de sección recolle a documentación xerada polos concellos a partir das súas competencias no ámbito da promoción da educación dos seus habitantes, función municipal que tralo remate do período franquista é exercida cunha actividade cada vez máis restrinxida, na maior parte dos casos, dado o papel preponderante reservado ás administracións autonómica e estatal no asunto.

3.8.1.- Xunta Municipal de Ensino:
Inclúe os Libro de actas de sesións da Xunta local de Ensino e as actas e expedientes de sesións da mesma.

3.8.2.- Expedientes de educación
Agrupación de series relacionadas coa actividade educativa e o mantemento dos centros escolares. Deste xeito, contamos cos expedientes de escolarización referidos á admisión e matriculación de alumnos nos respectivos centros de ensinanza;, censos de alumnos, partes ou libros de asistencia escolar, padróns de analfabetos, libros rexistros de mestres, ....

Por outra parte inclúe a documentación referida ós centros escolares: expedientes de creación, de reforma, de aluguer de escola ou casa de mestre, de traslado, de supresión e de peche de escolas, entre outros procesos que poden sufrir os centros escolares, coa conseguinte presenza da súa serie específica.

3.8.3.- Expedientes de persoal docente
Expedientes de persoal docente tramitados para moi diversos asuntos en relación ós mestres dos centros educativos tales como tomas de posesión e cese, traslados, provisións de casa habitación, concesión de licenzas e permisos, etc

3.8. 4.- Axudas de estudos
Aqueles expedientes instruídos coa finalidade de outorgar bolsas ou axudas de calquera natureza a estudantes para facilitar o desenvolvemento dos seus estudos ou a compra de libros de texto e material escolar.</dc:description>
  
  
  
      <dc:format>1908/1966</dc:format>
      <dc:format>1908/00/00/1965/00/00</dc:format>
  
  
      <dc:format>6 libros</dc:format>
  
  
  <dc:identifier>https://catalogodocumental.concellodemarin.es/educacion</dc:identifier>

            <dc:identifier>8</dc:identifier>
      
  
      <dc:language>glg</dc:language>
  
  
  
  
</oai_dc:dc>
